Viveiro aproveita o Plan Único para facer melloras en Pallaregas e O Paraiso

“Dende o Concello de Viveiro investimos os fondos do Plan Único en obras que melloren a seguridade viaria e estando sempre en contacto cos veciños e veciñas das zonas nas que se executen”, sinala a alcaldesa, María Loureiro.


O Concello de Viveiro informa que solicitou, no marco do Plan Único 2022, unha axuda económica para impulsar diversas obras nas Pallaregas e no Paraíso.

O Plan Único da Deputación Provincial de Lugo asigna unha contía concreta a cada municipio en función do seu número de habitantes. Deste modo, grazas ao Plan Único, o Concello de Viveiro poderá executar estas actuacións.

No caso do Paraíso, cun orzamento segundo proxecto de 107.522,63 euros, realizarase a reposición do firme da estrada do Paraíso e doutros catro viais da zona.

O Concello de Viveiro mantivo unha reunión en días pasados con veciños do Paraíso para ensinarlles o proxecto e explicarlles as obras que se van a levar acabo dentro desta actuación.

No caso das Pallaregas, cun orzamento segundo proxecto de 129.882,11 euros, as actuacións previstas inclúen obras de acondicionamento e mellora da pista principal, dende a Ponte de Feve ata a Casería. O proxecto tamén inclúe obras no ramal denominado Pista de Vilar – O Rego, que dá acceso ás vivendas de Porta Leira.

O goberno local ten previsto manter unha reunión a vindeira semana para presentarlles aos veciños o proxecto e explicarlles cales son as actuación concretas que se prevén executar na zona.

Dende o Concello de Viveiro investimos os fondos do Plan Único en obras que melloren a seguridade viaria e estando sempre en contacto cos veciños e veciñas das zonas nas que se executen”, sinala a alcaldesa, María Loureiro.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here